A verdade que onte , despois da viaxe ,non apetecía contar nada. Chegamos ao hotel, deixamos a “mochila” ceamos algo e pa cama, xa que o día seguinte tíñamos que empezar a traballar, sobre todo o Jácome ,que eu paseime a mañá metido nunha carpeta.
No curso hai xente de Portugal (Profesores) Rumanía, Italia e España.
Nesta primeira xornada estiveron facendo distintas dinámicas para coñecerse e falaron de como vai ser o curso.
O Jácome díxome que facía tempo que non estaba tan atento, con esto de que falan en inglés “ ten que prestar moita atención para enterarse un pouco.”
A iso das 14:00 saímos e despois de comer algo , decidimos ir ata a Valletta andando xa que desta forma iríamos paseando todo o tempo pola costa.
A verdade que esta zona é moi parecida a moitas do Mediterraneo, sobre todo do Sur de Italia, Sicila e ata de Croacia. A costa é moi rochosa polo que atopar unha praia coma as nosas é moi complicado.(Non sabedes a sorte que temos.)
Pasamos por Spinola Bay, Sliema e logo collimos un ferrie para ir ata A Valleta, capital de malta.
Esperando polo ferrie.
Ata mañá….











No hay comentarios:
Publicar un comentario