sábado, 6 de mayo de 2023

DIA 0. O APRENDIZ DE FELO.

Quen me iba dicir a min, que depois de tantos anos levando unha vida sosegada, iba a verme na aventura de acompañar ao mestre “Jácome” nun curso Erasmus en Malta.

A verdade que é un pouco deixado . Coa axuda dos seus alumnos foi capaz de atopar un hotel e uns billetes de avións ,medianamente económicos, pero o problema foi facer a maleta.

Resulta que por aforrarse uns eurillos decidíu levar só unha mochila😳😳😂 e claro ,imaxinade o traballiño que lle puido dar meter toda a roupa dunha semana nunha bolsa pequena. Sorte que eu,  como “Aprendiz de Felo” ,lle recomendei uns videos dunha tal “MARIKONDÓ” nos que unha rapaza dobra a roupa cun arte que non podedes imaxinar.

A mañá comezou tranquila, xa que gracias aos nenos do Cole de Maceda,  foi capar de mercar un billete que dende Vigo a iso das 12,30 que o levaría a Madrid para logo, despois de esperar unhas horas, coller outro avión que o levaría a Malta.


Levantámonos , tomamos un café con vistas ao Castelo e rematou de meter todo na mochila.
Baixamos cara a Ourense e alí nos estaba esperando  Julio  que nos fixo o favor de levarnos ata o aeroporto.
Ufff que vos vou a dicir… eu nunca montara nun avión e resultoume un pouco complicado entender o funcionamento …- “ saca chaqueta, mete o móbil na caixa de plástico etc etc” ata a o Jácome lle pasaron unha tirita polo corpo, mochila, mans….ATA POLA CINTURA DO PANTALÓN!! pa min que lle viron cara gamberro.

Xa colocado o  lado da fiestra para disfrutar das vistas.


😂😂nótaseme a cara de medo😜😉
Chegamos a Madrid… mi maaaaa este aeroporto comparado co de Vigo é un mundo…JASUSSSS que chea de xente.
Buscamos a terminal ( é como lle chaman a onde aparcan os avións.) de onde sae o seguinte e a esperar…

……DÚAS HORAS DEPOIS….
Seguimos esperando…

…continuará…













No hay comentarios:

Publicar un comentario